Buscar en el blog

viernes, 18 de enero de 2013

Las revoluciones no empiezan por una red social.

 Como ben di o título, unha revolución non comeza polos comentarios nunha rede social senón polo descontento do pobo e o abuso dos gobernantes. Os tweets déronos a coñecer o estado do país ó mundo, esta era unha realidade que ignorábamos porque cremos que todos viven como nós e non nos preocupamos por nada que estexa fóra de noso grupo de amizades ou compañeiros cós que convivimos.

 Non se pode negar a influencia das redes sociais para influir no que piensa a xente, pero a verdadeira revolución comezou nas rúas, por toda esa xente que non ten ordenador ou teléfono desde o que tweetear. Estas redes sociales axudan a propagar información sobre o estado do pobo e ó mesmo tempo o que eles pensan acerca dos seus gobernantes, así que, pode ser un modo de liberarse da mordaza que os gobernantes poñen ó pobo pero tamén como método de control para que os gobernantes vixíen a súa poboación.

 O uso de Twitter é a punta do iceberg, xa que existen vídeos acerca da violencia nas rúas e por parte das forzas dos gobernantes.

 Que nós non nos déramos conta ata agora, non quere dicir que a revolución non se estivera preparando dende fai algún tempo, é máis, estou seguro de que a xente estaba a punto de estoupar en cualquer momento, preparándose nas rúas e nas mentes de cada habitante descontento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario